O CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, equipamento da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, programa anualmente obradoiros formativos que teñen como obxectivo a conservación e divulgación do patrimonio etnográfico galego.
Con esta vocación, o CAT convóca os seus obradoiros para o primeiro semestre de 2010, un ambicioso programa formativo que segue os principios de actuación do CAT: “transmitir para conservar” os saberes que caracterizan os oficios tradicionais de Galicia.
O programa está orientado para todos os públicos, con cursos para diferentes niveis que permitirán ao alumnado achegarse ás variadas formas e técnicas da cestería -con especial atención á fabricada na comarca de Vigo- e do tecido tradicional galego.







